InicioSociedadeEstabilidade na evolución do coronavirus en Lugo, con 167 casos activos

Estabilidade na evolución do coronavirus en Lugo, con 167 casos activos

A provincia rexistra tres positivos menos. Continúan ingresadas seis persoas nas Unidades de Coidados Intensivos e outras dúas nas plantas de hospitalización.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informa dun total de 167 casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo-Cervo-Monforte neste venres 8 de abril. Iso supón tres positivos menos ca os rexistrados onte, cando había 170. Mantense estable a presión hospitalaria, con seis persoas ingresadas nas Uci e outras dúas en planta.

En canto a estas últimas, unha está a ser atendida no Hospital Universitario Lucus Augusti; a outra, o patrón do pesqueiro ‘Notre Dame’, permanece na planta de hospitalización do Hospital da Mariña. Pola súa parte, na UCI deste Hospital da Costa tamén continúan dous pacientes que contraeran o virus, pero que a día de hoxe xa deron negativos nas probas. Outros catro pacientes están na UCI do HULA.

Ademais, Sanidade conta 159 persoas con positivo en COVID-19 baixo atención hospitalaria a domicilio, tres menos ca onte.

Por outra banda, os datos oficiais revelan 702 “curacións” —persoas que deron negativo nun novo test PCR ou que non presentan síntomas despois dun tempo prudencial—. En canto aos falecementos, na provincia producíronse 27. O último, o pasado 6 de maio, correspóndese co dun home de 69 anos que estaba a ser atendido na súa casa.

GALICIA

No conxunto da comunidade galega, Sanidade informa de 2.727 casos activos por COVID-19, 20 menos ca onte. Non se contabilizou ningún falecemento novo nas últimas 24 horas, polo que a cifra se mantén nos 588.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o vacío de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Declaración nos xulgados de Lugo dos oito detidos nas protestas en La Vuelta contra Israel

O oito lucenses detidos no Corgo polas protestas durante a celebración da Vuelta compareceron...