InicioSociedadeLugo suspende o Arde Lucus 2020

Lugo suspende o Arde Lucus 2020

O goberno local e as asociacións estudarán "alternativas para manter vivo o espírito e a chama" desta festividade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo decidiu suspender a edición anual do Arde Lucus que ía celebrarse entre o 25 e o 28 de xuño, debido á situación que provocou a crise sanitaria de coronavirus.

A concelleira de mocidade, Ana González Abelleira, comunicou esta decisión ás asociacións e colectivos que participan na organización da festa histórica máis importante da cidade, xa que “neste escenario tan imprevisible”, as medidas de restrición do movemento imposibilitan a súa celebración “como ata agora”.

A festa romano-castrexa supoñen un “enorme revulsivo económico” para Lugo, segundo explicou a concelleira este sábado nun comunicado. Con todo, a “saúde dos veciños e a cidadanía que visita” a cidade é “prioritaria”.

Por este motivo, o vindeiro martes realizarase unha reunión telemática entre o goberno local e as asociacións para “estudar alternativas para manter vivo o espírito e a chama do Arde Lucus” nun ano “excepcional” que “suporá un reto engadido en canto á creatividade, innovación e adaptación”.

No mesmo encontro espérase “avanzar o novo escenario en que se traballa” para que “os participantes trasladen as súas opinións ou achegas”. A concellaría apunta a que o Arde Lucus é unha “festa de todos os lucenses” e que “xuntos” conseguirán que siga sendo un “referente” e “enfocarán estas novas circunstancias para que se manteña”.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...