InicioSociedadeAumentan en 82 os positivos confirmados en Lugo, cun total de 371...

Aumentan en 82 os positivos confirmados en Lugo, cun total de 371 casos activos

No conxunto galego rexistráronse 3.758 doentes, con 187 altas e 94 mortes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de infectados por COVID-19 na área sanitaria de Lugo sufriu un repunte nas últimas horas, con 82 novos contaxios confirmados para un total de 371. Segundo datos da Consellería de Sanidade, o balance de falecidos en Lugo mantense en sete.

Do total de pacientes por coronavirus na provincia, doce permanecen na UCI (catro na do Hospital Público da Mariña e os outros oito na do HULA). Outros 68 doentes están hospitalizados (16 na Mariña, nove en Monforte, dous nos Ollos Grandes e os demais no HULA). Os 291 diagnosticados restantes atópanse no seu domicilio.

En canto aos casos activos en Galicia, o Sergas contabiliza 3.758, 282 pacientes máis ca na xornada de onte. Ata o día de hoxe, rexistráronse 187 altas na comunidade e 94 mortes de persoas co virus.

Deses casos rexistrados, 817 corresponden á área sanitaria da Coruña; 520 á de Ourense; 366 á de Pontevedra, 928 á de Vigo, 547 á de Santiago e 209 á de Ferrol.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...