InicioMedioambiente e PatrimonioUU.AA. cre que a "falta de actuación" da Xunta contribuíu a estender...

UU.AA. cre que a “falta de actuación” da Xunta contribuíu a estender a praga de ratas en Lugo

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, estima que o terreo afectado supera nun "vinte ou trinta por cento" as estimacións da Xunta

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral de Unións Agrarias (UU.AA.), Roberto García, estimou este luns que a superficie afectada pola praga de ratas toupa na montaña de Lugo supera “entre un vinte e un trinta por cento” os cálculos da Xunta de Galicia. Acusan a administración de non ter actuado a tempo e coidan que iso contribuíu a que unha problemática “localizada” se transformara nunha problemática “xeral” de toda a comarca.

O Goberno galego apuntara que se viran prexudicadas máis de 3.000 leiras nun total de 1.630 hectáreas de oito concellos. A respecto diso, Roberto García afirmou que “iso é o mínimo contrastado, pero probablemente haxa un vinte ou un trinta por cento máis de superficie afectada”, avaliou.

Subliñou que “hai gandeiros que, dado que teñen seguro, non van recibir ningún tipo de compensación por estes danos”. “Vendo a actitude de pasotismo que práctica a administración (a Xunta), xa nin perden o tempo en ir declarar a superficie afectada”, abundou.

DUN PROBLEMA LOCAL A UN PROBLEMA XERAL

Roberto García lamentou que o que isto pon de manifesto “é que o que empezou sendo un problema nunha parroquia (en Triacastela) está a converterse nun tema que afecta a moitos gandeiros pola falta de actuación da Xunta durante este nove meses”. “Hai unha responsabilidade real e patrimonial da Xunta que, ante a ausencia de medidas, está a converter un problema que estaba localizado nun problema xeral de toda a comarca (da montaña de Lugo)”, concluíu.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...