InicioMedioambiente e PatrimonioA praga de ratas xera case un millón e medio de perdas...

A praga de ratas xera case un millón e medio de perdas na montaña de Lugo

Unións Agrarias critica a "incompetencia e a incapacidade" do goberno da Xunta para dar resposta ao problema.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A praga de ratas que sofren varias localidades da montaña de Lugo xerou xa preto dun millón e medio de perdas, segundo os datos que manexa o sindicato Unións Agrarias.

Así o trasladou Roberto García, secretario xeral da entidade en Galicia, que calculou en “máis de 300” os afectados, cunhas perdas de “700 euros por hectárea”, e “máis de 2.000 danadas”.

A praga comezou no Concello de Triascatela e estendeuse cara a Pedrafita e Samos, a pesar de que o sindicato xa viña alertando da situación desde a primavera.

García considerou que todo iso “pon de manifesto a incompetencia e a incapacidade do goberno da Xunta” para frear estes estragos. “Hai un importante grao de descoordinación e falta de vontade para resolver este problema, un problema ao que por certo non se lle deu importancia”, queixouse.

Mentres tanto, os danos nas explotacións “van en aumento” e “xa son irreversibles, porque van ter perdidas en forraxes porque non poden utilizar a herba desas leiras”.

“Isto pon en evidencia o abandono e incapacidade da Xunta de Galicia para facer fronte a un tema importante, e ademais non hai que inventar nada porque noutras zonas do Estado producíronse estas infestas pero tomáronse medidas”, insistiu.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...