InicioSucesosPiden 10 anos a un home por distribuír vídeos e imaxes de...

Piden 10 anos a un home por distribuír vídeos e imaxes de pornografía infantil

Utilizaba perfís e grupos en redes sociais como Facebook, Twitter e un grupo de 'Whatsapp' para compartir imaxes de evidente contido sexual nos que aparecían nenas de 13 anos e adultos tendo relacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home enfróntase a 10 anos de prisión, acusado de distribuír pornografía infantil a través de redes sociais e de almacenar vídeos e imaxes de contido pedófilo en diversos dispositivos e sistemas de almacenaxe. O xuízo celebrarase o día 12 na sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo.

O acusado conectábase a través de redes wifi de locais públicos, como a autoescola á que acudía e a dous establecementos de hostalaría do municipio de Taboadela, onde chegou a compartir imaxes de contido pedófilo a través de Internet.

Deste xeito, utilizaba perfís e grupos en redes sociais como Facebook, Twitter e nun grupo de ‘Whatsapp’, nos que chegou a compartir imaxes de evidente contido sexual nos que aparecían nenas de 13 anos e adultos tendo relacións.

Posteriormente chegouse a rexistrar o domicilio do acusado, JM.F.S., onde se lle incautaron diversos discos duros, teléfonos e sistemas de almacenaxe. Tras a análise destes dispositivos recuperáronse miles de imaxes e vídeos que foran borrados, entre os que se atopaban varios arquivos de pornografía infantil nos que aparecían menores tendo sexo con adultos.

O home está acusado de delitos continuados de corrupción de menores por difusión e por posesión de material pornográfico con menores de 13 anos, polos que a fiscalía solicita 10 anos de cárcere.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...