InicioMedioambiente e PatrimonioTriacastela espera contar este ano co Centro de Interpretación de Cova Eirós

Triacastela espera contar este ano co Centro de Interpretación de Cova Eirós

A alcaldesa destaca que a nova sondaxe que se realiza vai permitir "coñecer o que foi o Paleolítico e o Neolítico en Galicia"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Cova Eirós, o xacemento do Paleolítico e Neolítico situado en Triacastela, podería ter a finais de ano un Centro de Interpretación. Así o cre a rexedora local, a popular Olga Iglesias, que apunta ao suposto interese que demostra a Xunta de cara a este enclave.

“Para  a Xunta son primordiais estes xacementos”, asegurou Iglesias, en relación ao financiamento que achega a Consellería de Cultura dende hai catro anos. Con todo, as escavacións comezaran tempo antes (no 2008), polo que xa se están a cumprir once anos de traballo. “Esperamos poder empezar este ano co Centro de Interpretación, porque xa temos aprobada a axuda“, avanzou a rexedora.

Ademais, Iglesias puntualizou que a nova sondaxe, que se realiza en colaboración coa Universidade de Santiago, vai permitir “coñecer o que foi o Paleolítico e o Neolítico en Galicia, porque hai que lembrar que esta época é moi pouco coñecida en Galicia”, ao haber poucos xacementos de calcaria.

FINAL DE MES

Por iso, agarda que sigan asomando “restos líticos, tallas, ósos de animais” que proporcionen máis coñecemento sobre esta etapa. Do mesmo xeito, tamén deixou a porta aberta a novos achados de enterramentos e á procura de pinturas rupestres. Así pois, a alcaldesa de Triacastela espera que a finais de mes se poida concretar máis sobre as descubertas no marco das escavacións que se realizan nos últimos catro anos “grazas ás subvencións da Consellería de Cultura”, remarcou.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...