InicioPolíticaTomé renuncia a competir pola Secretaría Xeral do PSdeG de Lugo "por...

Tomé renuncia a competir pola Secretaría Xeral do PSdeG de Lugo “por falta de tempo”

Tamén o exsecretario xeral dos socialistas lucenses, Álvaro Santos, se descarta para este proceso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Monforte de Lemos e candidato á presidencia da Deputación de Lugo, José Tomé, descartouse para facerse coas rendas do PSdeG na provincia, porque considera que non vai dispor “do tempo necesario” para compaxinar as súas obrigas institucionais coa actividade orgánica como secretario xeral.

O prazo de presentación de precandidaturas para a Secretaría Xeral do PSdeG na provincia de Lugo termina este mércores, aínda que os aspirantes disporán de máis días para presentar os avais, dado que necesitan o apoio de polo menos un 3% da militancia para formalizar a súa candidatura.

“Non me vou presentar”, dixo Tomé a EFE, “creo que as miñas obrigacións como alcalde de Monforte e posiblemente como presidente da Deputación son suficientes para ocupar o meu tempo”, subliñou. “Prefiro que sexa outro compañeiro ou compañeira quen se postule e leve o partido cara adiante”, engadiu.

Tomé asegurou que o Partido Socialista ten “moi boa canteira” e non dubida de que sairá deste proceso un bo secretario xeral. Tampouco descarta que haxa máis dun candidato, pero dixo que se iso sucede “hai que respectar a democracia” interna do partido.

ÁLVARO SANTOS

Quen tamén xa dixo que non se vai presentar é o exsecretario xeral do Partido Socialista na provincia de Lugo, Álvaro Santos, que dimitiu do seu cargo acusando á dirección do PSdeG de Gonzalo Caballero de inxerencias na provincia de Lugo.

Tomé e Santos súmanse á negativa do alcalde de Pedrafita, José Luís Raposo, quen tamén este luns renunciou a presentarse á dirección do Partido Socialista lucense e mostrou o seu desexo de que non se produzan “inxerencias” no proceso de elección do novo secretario provincial.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...