InicioLugo e contornaLugoLara Méndez ve "moitas coincidencias" co programa do BNG para a configuración...

Lara Méndez ve “moitas coincidencias” co programa do BNG para a configuración de goberno en Lugo

A suma do oito edís obtidos pola lista do PSOE que encabezou Méndez sumados ao cinco actas da candidatura do BNG que liderou Rubén Arroxo sumán máis que PP e Ciudanos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo en funcións, Lara Méndez, ve “moitas coincidencias” co programa do Bloque Nacionalista Galego de face a alcanzar un acordo que “de estabilidade” ao goberno da cidade.

Na tarde deste xoves producirase o primeiro contacto entre socialistas e nacionalistas para a configuración dun goberno de coalición na capital provincial.

A suma do oito edís obtidos pola lista do PSOE que encabezou Méndez sumados ao cinco actas da candidatura do BNG que liderou Rubén Arroxo sumán máis que o bloque de PP e Cidadáns (12 entre os dous) e alcanzan o limiar da maioría absoluta (13).

Por iso, Méndez e Arroxo manterán este xoves o primeiro contacto para a creación dun executivo bipartito co que, en palabras da aínda alcaldesa lucense, pretenden “dar estabilidade” ao goberno local, algo que, segundo recoñeceu, botou en falta “este últimos catro anos”.

Sabemos da importancia da estabilidade para poder realizar e materializar os proxectos”, remarcou, para a continuación incidir en que espera “chegar a eses acordos programáticos”, tendo en conta que ve “moitas coincidencias” entre as propostas do PSOE e o BNG para a cidade.

“Hai uns obxectivos claros de mobilidade, de accesibilidade, de cidade verde que perseguimos as dúas formacións políticas, e por tanto espero seguir avanzando nese acordo programático para facer ese goberno de coalición, para dar estabilidade á cidade de Lugo”, remarcou.

Así as cousas, na primeira toma de contacto sentarán, ademais da cabeza de lista de ambas as formacións, Álvaro Santos e Ana González Abelleira polas filas socialistas e Maite Ferreiro e Alexandre Penas polo BNG.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...