InicioEconomíaO turismo na provincia de Lugo: máis viaxieiros con maior estadía e...

O turismo na provincia de Lugo: máis viaxieiros con maior estadía e gasto

A provincia recibiu 350.000 viaxeiros nos primeiros sete meses, sendo A Mariña lucense o segundo destino galego que máis medra

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo consolídase como destino turístico. Os datos da Axencia de Turismo así o certifican, con aumentos no número de visitantes, na estadía e no gasto. Este dinamismo permitiu salvar un comezo de verán de moderación no resto do Estado, ata o punto de acadar un novo pico de ocupación hoteleira. Dende a Xunta de Galicia aspiran a desestacionalizar o turismo en Lugo a través da oferta de produtos de tempada e roteiros polo patrimonio histórico e natural.

Nos sete primeiros meses do ano, a provincia recibiu arredor de 350.000 viaxeiros, que completaron 630.000 noites nos establecementos lucenses regrados. Do total de visitantes, 73.000 fixeron a viaxe en xullo, mes en que a estadía media medrou un 12 por cento. De media, o tempo de permanencia na oferta de turismo de Lugo experimentou un incremento do 10 por cento neste 2018.

Como consecuencia da afluencia e a suba do número de noites, o sector máis beneficiado da consolidación do turismo é o hoteleiro. A demanda aumentou un 5 por cento de xaneiro a xullo, o que representa un novo pico histórico de ocupación, un punto por enriba do rexistrado para eses meses durante 2017. Os datos reflicten a fortaleza dun sector que soubo manterse a pesar da climatoloxía pouco propicia do inicio do verán.

Persoal da APEHL e da Asociación de Cociñeiros da Mariña no posto da marca ...E para comer, Lugo, que promociona a gastronomía lucense en La Vuelta 2018
Persoal da APEHL e da Asociación de Cociñeiros da Mariña no posto da marca …E para comer, Lugo, que promociona a gastronomía lucense en La Vuelta 2018. Ao fondo, Cheché Real.

En conxunto, e sempre tendo en conta este contexto de moderación na demanda, Galicia acolleu a 2,4 millóns de turistas, para 5,1 millóns de noites. A provincia de Lugo contou neste tempo con varios dos destinos que viven un crecemento meirande. Así, a Mariña lucense sitúase coma o segundo destino galego que máis medrou, cun 9,5 por cento, só por detrás de Ferrolterra –un 11 por cento–.

Cómpre lembrar que estadías meirandes comportan un gasto maior, neste caso, acentuado polo aumento das tarifas hoteleiras. Este estímulo combinado levou o sector hoteleiro de Galicia a acadar uns ingresos de 145 millóns de euros nos primeiros sete meses do ano.

Así as cousas, na Xunta de Galicia aspiran a fortalecer o turismo en Lugo alén do verán, valorizando os recursos máis salientables de cada época do ano. Por iso, o goberno autonómico incide nos produtos de tempada cos Outonos Gastronómicos; e nas vindeiras semanas terán continuidade os Trens Turísticos de Galicia, con máis de 20 saídas programadas e novas rutas no outono, tras lograr un 94 por cento de ocupación no verán. Na provincia de Lugo están dispoñibles, entre outros, o tren Lugo Romano (na capital), a Ruta dos Faros (na Mariña) ou a Ruta dos Viños da Ribeira Sacra.

Un proxecto para mudar Os Ancares nun espazo de turismo científico

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Vilalba levará un orzamento de 14 millóns de euros ao pleno do 26 de marzo

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que estas contas “responden a unha idea...

O PP cre que a Deputación de Lugo manterá pechado o complexo turístico e Augasmestas

Os deputados do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao voceiro...

Toman declaración ao ferido en Lugo mentres segue a busca do autor do disparo, xa “plenamente identificado”

A Policía Nacional de Lugo mantén aberta a investigación para esclarecer as circunstancias dunha...

A Presidenta abre a tempada das rutas fluviais pola Ribeira Sacra e que conta xa con case 14.000 reservas

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada de deputados e deputadas provinciais...