InicioEconomíaO presidente da Deputación de Lugo tacha de "intolerable" a actitude de...

O presidente da Deputación de Lugo tacha de “intolerable” a actitude de Alcoa: “O tempo de xogar terminou”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, tachou de “intolerable” a actitude da multinacional Alcoa tras facer público a decisión de executar o despedido colectivo de 524 traballadores e iniciar o apagado das cubas de electrolisis na planta de aluminio.

O tempo de xogar terminou“, sinalou o tamén alcalde de Monforte en declaracións difundidas aos medios este venres despois de coñecerse o paso dado pola compañía estadounidense.

Tomeé instou á Xunta e ao Goberno do Estado a traballar de forma conxunta para “tomar as medidas xurídicas que permita a lexislación” para impedir “as pretensións” de Alcoa e que poida manterse a actividade e os postos de traballo da planta.

Todo iso para “manter viva a Mariña, a provincia de Lugo e Galicia” desde o punto de vista industrial, dixo o presidente provincial, que trasladou o seu apoio aos traballadores e alcaldes da comarca mariñá.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...