InicioEconomíaDenuncian que o convenio de panadarías de Lugo non cumpre o salario...

Denuncian que o convenio de panadarías de Lugo non cumpre o salario mínimo pactado a nivel estatal

CC.OO. critica os 13.500 euros asinados na provincia por USO, UXT e a patronal, fronte aos 14.000 que se acordaran en Madrid para toda España.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O responsable de Industria da Unión Comarcal de Comisións Obreiras (CC.OO.) en Lugo —que tamén leva o sector de panadarías— José Luís López, denunciou que o convenio que subscribiron UXT e USO coa patronal incumpre o acordo con UXT de ámbito nacional.

López condenou que dito convenio, con vixencia ata 2023, se sitúa por baixo do subscrito no anterior do 2013 e que incumpre o pactado con UXT no ámbito nacional, onde se asinou un salario mínimo en 14.000 euros. 

A patronal remitiu un borrador de convenio que estaba por baixo do Salario Mínimo Interprofesional anunciado polo Goberno -950 euros en 14 pagas- pero tiveron que “rectificar”. Agora, a cantidade sitúase en 13.500 euros fronte aos 13.300 resultantes do SMI con carácter anual.

Malia esa modificación, UXT non está respectando o pactado a nivel estatal, censura López. Deses 14.000 euros, o convenio rebaixa ata os 13.500. Ademais, CC.OO. critica que tamén se menguou o pago do plus dos domingos ata os “20 euros ao día”, cando ata agora estaba en 32’81 euros, segundo indican.

“Non asinamos [ese acordo] porque é ir contracorrente e contra os dereitos dos traballadores de panadarías”, afeou finalmente o secretario de Industria de Comisións Obreiras en Lugo. En total, afectaría a uns 1.500 os traballadores do sector na provincia, repartidos en 170 empresas.

ÚLTIMAS

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...