InicioLugo e contornaLugoPonse a andar o proxecto da futura Estación de Autobuses de Lugo,...

Ponse a andar o proxecto da futura Estación de Autobuses de Lugo, que será “unha gran praza pública”

Ethel Vázquez asegura que "se non é neste mes, garantía absoluta de que será na primeira quincena de outubro".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta licitará antes dun mes o proxecto de urbanización da Estación de Autobuses de Lugo, para convertela nunha gran praza pública na cidade, no marco do tamén proxecto de estación intermodal. Así o anunciou a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, este luns en Lugo, acompañada do delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

“Se non é en setembro, falamos de que o prego está contratado e temos que fiscalizar os informes xurídicos, pero en calquera caso, se non é neste mes, garantía absoluta de que será na primeira quincena de outubro“, comprometeu a conselleira.

Ethel Vázquez destacou que “se trata dun gran espazo público para crear identidade, e que conxugará tres funcións; unha social, dun gran espazo de lecer, esa función económica para fomentar o comercio pequeno tendo en conta os negocios que están situados na actual localización da Estación de Autobuses e unha función vertebradora e de mobilidade construíndo un intercambiador”, explicou, que conecte ese lugar coa futura estación intermodal nas proximidades da de ferrocarril na cidade.

A conselleira concretou que se trata “dunha parcela de gran tamaño, no centro da cidade, con rúas peonís”. “Así expomos unha gran praza, un gran espazo público aberto sabendo que hai pequeno comercio e que seremos sensibles con ese comercio”, indicou.

“DIÑEIRO DOS GALEGOS”

En relación aos 700 millóns de euros que reclama a Xunta ao Estado e sobre as súas consecuencias para obras do Goberno galego, Vázquez limitouse a sinalar que é “diñeiro de todos os galegos”. “O Goberno de España está en funcións, pero ten que funcionar e ten que ter en conta que os hospitais públicos, a sanidade pública, a educación pública, a política social non está en funcións”, lembrou, á vez que reivindicou que eses “700 millóns son de todos os galegos”.

Ethel Vázquez tamén aproveitou para manifestar que agora “coa campaña electoral aí si que parece posible transferir ese diñeiro que é noso”. “O que vén demostrar unha vez máis que estamos ante unha chantaxe en toda regra”, reprochou.

Finalmente, a conselleira de Infraestruturas valorou como “un éxito” o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, “onde foi fundamental ese cartón de xente nova que implantamos na Xunta para contribuír a que aqueles mozos de menos de 18 anos poidan utilizar o transporte de forma gratuíta e contribuír a fomentar o transporte público entre os máis novos”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

Celtica Pipes Rock! e Grimorium súmanse á música do Arde Lucus xunto a Abraham Cupeiro

Celtica Pipes Rock! e Grimorium incorporáronse á programación musical do Arde Lucus xunto a...

Miguel Fernández lembra que o parque canino foi “arrincado” á Xunta polo anterior goberno local de Lugo

  O portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Lugo, Miguel Fernández, denunciou hoxe...

Convocadas 17 prazas de bombeiro pola vía de urxencia no Concello de Lugo

A Xunta de Goberno Local extraordinaria e urxente celebrada este venres no Concello de...

Combater a desinformación: Deputación e CPXG impulsan 20 obradoiros en concellos da provincia

  A Deputación de Lugo e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia poñerán en...