InicioDeportesKeko Vilariño rescinde co Club Deportivo Lugo

Keko Vilariño rescinde co Club Deportivo Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O mediocentro lucense Alberto “Keko” Vilariño Sobrado rescindiu o seu contrato co Club Deportivo Lugo, equipo co que estaba vencellado ata 2020. O centrocampista creativo, de 22 anos, xogou cedido a pasada tempada no Centro Cultural e Deportivo Cerceda, en Segunda B, disputando 24 partidos, 21 como titular. Foi cedido tamén a campaña 2016-2017 na Unión Deportiva Somozas, en Segunda B, competindo en 25 partidos, 20 como titular, e marcando un gol. No campionato previo, defendeu tamén as cores do Somozas, tamén en Segunda B, dende a fiestra invernal de fichaxes participando en 6 partidos, 3 como titular.

“Keko” é internacional sub 18 coa selección española disputando 3 partidos. Formouse na canteira da Club Deportivo Lugo e debutou co primeiro equipo en terceira rolda de Copa do Rei en outubro de 2013 contra o Real Club Recreativo de Huelva no estadio Nuevo Colombino (1-0) partindo dende o once titular e xogando 72 minutos. No verán de 2014, ficha polo Levante Unión Deportiva competindo co Xuvenil A e co segundo equipo, o Atlético Levante, en Terceira División. En setembro de 2015, regresa ao Club Deportivo Lugo.

 

ÚLTIMAS

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Ratifican sete meses de cárcere para unha nai de Lugo que impediu visitas ao seu fillo por parte dos avós

O Tribunal Supremo confirmou a condena a unha muller de Lugo por un delito...

Finalizan as obras para mellorar o sistema de saneamento do Cebreiro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...