InicioDeportesJosé Carlos Lazo, novena incorporación do Club Deportivo Lugo

José Carlos Lazo, novena incorporación do Club Deportivo Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O extremo ambidiestro José Carlos Lazo é novo xogador do Club Deportivo Lugo en calidade de cedido polo Getafe C.F para a vindeira tempada. O futbolista, de 22 anos, procede do Real Club Recreativo de Huelva, de Segunda División B, co que xogou 37 partidos a pasada tempada marcando 6 goles.

José Carlos Lazo formouse no Atlético Sanluqueño entre 2002 e 2012. En 2012, ficha polo Real Madrid, onde avanza dende o Xuvenil C (2012-2013), Xuvenil B (2013-2014) e Xuvenil A (2014-2015).  Na campaña 2015-2016, xoga no Real Madrid Castilla, en Segunda B, participando en 19 partidos marcando 1 gol.

No campionato 2016-2017, competiu co Villarreal C.F. B, en Segunda B, durante 27 encontros aportando 1 tanto.

Destaca por ser ambidiestro, polo seu disparo dende media distancia, pola súa profundidade e pola súa capacidade técnica. 

Esta fichaxe súmase á do porteiro Alberto Varo, o lateral dereito Borja San Emeterio, o central Miguel Vieira, o mediocentro Giorgi Aburjania, o extremo zurdo Juan Muñiz, o extremo diestro Carlos Calderón e os dianteiros Jona Mejía e Jean Marie Dongou.

 

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...