O extremo ambidiestro José Carlos Lazo é novo xogador do Club Deportivo Lugo en calidade de cedido polo Getafe C.F para a vindeira tempada. O futbolista, de 22 anos, procede do Real Club Recreativo de Huelva, de Segunda División B, co que xogou 37 partidos a pasada tempada marcando 6 goles.
José Carlos Lazo formouse no Atlético Sanluqueño entre 2002 e 2012. En 2012, ficha polo Real Madrid, onde avanza dende o Xuvenil C (2012-2013), Xuvenil B (2013-2014) e Xuvenil A (2014-2015). Na campaña 2015-2016, xoga no Real Madrid Castilla, en Segunda B, participando en 19 partidos marcando 1 gol.
No campionato 2016-2017, competiu co Villarreal C.F. B, en Segunda B, durante 27 encontros aportando 1 tanto.
Destaca por ser ambidiestro, polo seu disparo dende media distancia, pola súa profundidade e pola súa capacidade técnica.
Esta fichaxe súmase á do porteiro Alberto Varo, o lateral dereito Borja San Emeterio, o central Miguel Vieira, o mediocentro Giorgi Aburjania, o extremo zurdo Juan Muñiz, o extremo diestro Carlos Calderón e os dianteiros Jona Mejía e Jean Marie Dongou.