A receptora croata Tea Andric´ reforza ao Club Voleibol Emevé

Tea Andric´ | Emevé

O Club Voleibol Emevé, que competirá na Superliga 1, máxima categoría do voleibol español, anunciou a fichaxe da receptora croata Tea Andric´, croata de 26 anos e de 1,82 metros de estatura. Procede do Xuvenil Teis. Antes, defendeu as cores de equipos croatas da Superliga 1 como o OK Zadar. O Emevé califica a fichaxe de “importante”.

Hoxe en día, o Emevé conta en plantilla coa central Anllelivis Caballero, a receptora Lucía Prol, a líbero Eliana González, a colocadora Carmen Saá, a aposta Julia Paradela, a colocadora Ivelina Avramova e a citada receptora Tea Andric´. Anllelivis Caballero, Ivelina Avramova e Tea Andric´son as tres fichaxes polo do momento.

O club lucense comezará a tempada o sábado 12 de outubro en Las Palmas contra IBSA CV CCO 7 Palmas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here