InicioDeportesO Club Voleibol Emevé Lugo renova a Julia Paradela

O Club Voleibol Emevé Lugo renova a Julia Paradela

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Voleibol Emevé Lugo anunciou a renovación da oposta Julia Paradela para a vindeira tempada en Superliga 1, máxima categoría do voleibol español. Julia Paradela, a piques de cumprir 20 anos, mide 1.70 metros e xogou as tres campañas pasadas no Emevé en Superliga 2.

Segundo o club, é unha “gran deportista cunha gran progresión” e “realizará, seguro, unha magnífica tempada”. O equipo lucense lembra que dará “un gran salto na súa carreira deportiva” ao debutar na Liga Iberdrola.

Hoxe en día, o Emevé conta en plantilla coa central Anllelivis Caballero, nova fichaxe, a receptora Lucía Prol, a líbero Eliana González e a colocadora Carmen Saá.

O club lucense comezará a tempada o sábado 12 de outubro en Las Palmas contra IBSA CV CCO 7 Palmas.

Cómpre lembrar a entrevista realizada a Bibí Bouza, presidenta do Emevé, neste mesmo xornal o pasado 17 de maio:

Emevé Lugo: “A esencia deste club é a base”

 

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...