InicioDeportesO Club Baloncesto Breogán é oficialmente equipo ACB

O Club Baloncesto Breogán é oficialmente equipo ACB

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán S.A.D. é oficialmente club ACB e competirá na Liga Endesa 2018-2019, segundo confirmou a asemblea xeral da ACB (Asociación de Clubes de Baloncesto) este mediodía. O Breogán acadou o ascenso deportivo o pasado 13 de abril despois de ser campión da liga regular da LEB Ouro.

O club lucense é o duodécimo con máis partidos na máxima categoría con 604 encontros en ACB e 156 en Liga Nacional.

O Breogán volve á ACB doce anos despois tralo descenso en 2006.

A ACB tamén confirmou a Bàsquet Manresa como club de Liga Endesa.

Natxo Lezkano continúa como primeiro adestrador. Entre os xogadores, teñen contrato os bases Christian Díaz e Ricardo Úriz, que renovou o pasado 6 de xullo; os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco; así como os pívots Matt Stainbrook e Herve Kabasele.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...