InicioDeportesJean Marie Dongou, Alberto Varo e Carlos Calderón fichan polo Club Deportivo...

Jean Marie Dongou, Alberto Varo e Carlos Calderón fichan polo Club Deportivo Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O porteiro Alberto Varo, o extremo diestro Carlos Calderón e o dianteiro Jean Marie Dongou son tres novas fichaxes de Club Deportivo Lugo. Engádense ao dianteiro Jona Mejía, presentado onte. Varo asina por dúas tempadas con opción a unha terceira, Calderón por tres campañas e Dongou por dúas tempadas.

Alberto Varo é un porteiro tarraconense de 25 anos e 1.91 metros de estatura. Procede do Fútbol Club Barcelona B, co que competiu a última tempada en Segunda División, disputando dez partidos. A campaña previa, conseguiu o ascenso a La Liga 1|2|3 xogando outros dez encontros. Debutou en Segunda co Gimnàstic de Tarragona, club no que se formou, en febreiro de 2016 contra o Real Valladolid no Nou Estadi de Tarragona (1-1).

Carlos Calderón é un extremo diestro de 23 anos, nado en Almansa (Albacete), procedente do Getafe C.F., co que debutou en Primeira a pasada tempada o 21 de outubro de 2017 contra o Levante U.D. no estadio Ciutat de València (1-1) competindo durante cinco minutos. Tres días despois, xogou en Copa contra o Deportivo Alavés en Getafe durante catro minutos.

Por último, o dianteiro camerunés Jean Marie Dongou, de 23 anos, procede do Gimnàstic de Tarragona, co que só xogou oito partidos a pasada tempada e non marcou. Suma 33 goles en Segunda División entre Barça B e Real Zaragoza. O seu tope goleador foron once tantos co Barça B na campaña 2014-2015 en Segunda. Marcou o seu primeiro gol na categoría con 16 anos no campionato 2011-2012. Xogou un partido de Champions League, un de Primeira División e outro de Copa co primeiro equipo do Barça na tempada 2013-2014. 

Os tres novos futbolistas albivermellos serán presentados o xoves ás doce do mediodía no estadio Ángel Carro.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...