InicioDeportesInscripción aberta para a CDLUEscola

Inscripción aberta para a CDLUEscola

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo comunicou que o luns 18 de xuño comeza o período de inscripción para o segundo curso da CDLUEscola. 

As actividades están destinadas a nenos e nenas nados nos anos 2013, 2014 e 2015 co obxectivo de “guiar o primeiro contacto coa práctica deportiva” con xogos, fútbol, deporte e psicomotricidade. O club califica a primeira edición de “positiva”. Celebraranse no pavillón número un do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo os lunes e mércores pola tarde. A segunda edición da CDLUEscola comezará o mércores 12 de setembro. Terá un custo de 100 euros mediante 10 cuotas mensuais de 25 euros con seguro de accidentes e equipación formada por dúas camisolas, dous suadoiros, dous pantalóns curtos, un pantalón longo e unha mochila.

Para inscribirse, deberán realizalo en cdlugo.com e entregala no estadio Ángel Carro, na CDLU Store (Praza de Bretaña, 22) ou no enderezo electrónico cdluescola@cdlugo.com

Para máis información, poden dirixirse a cdluescola@cdlugo.com ou no número 636673 253.

Foto de cdlugo.com

ÚLTIMAS

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...

TSXG ratifica a condena a dous homes por traficar con drogas valoradas en máis de 18.000 euros

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...