InicioMovementos sociaisConvocan en Lugo unha concentración pola anulación da ordenanza do galego

Convocan en Lugo unha concentración pola anulación da ordenanza do galego

Queremos Galego organiza a protesta contra un fallo "ideolóxico" do Tribunal Supremo que "impide a igualdade" do galego con respecto ao castelán

PUBLICADA O

- Advertisement -

Queremos Galego chama a concentrarse en Lugo contra a decisión do Tribunal Supremo de ratificar a anulación da ordenanza do uso do galego. A norma, aprobada en 2012 por unanimidade dos grupos políticos na corporación local, foi invalidada parcialmente pola xustiza galega, decisión logo ratificada polo alto tribunal. A plataforma cívica convoca a protesta o mércores 6 de marzo ás 12.00 horas na Praza Maior, a carón do Concello.

O voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, denuncia que o fallo do Supremo “ataca elementos da política de normalización lingüística”, baseándose en “prexuízos ideolóxicos” que identifica coa presión exercida pola extrema dereita. Así, o tribunal estaría a pór “límites á oficialidade da lingua galega”, impedindo un estatus de igualdade con respecto ao castelán. “Ilegaliza a posición social maioritaria, a de que a lingua propia de Galicia é o galego”.

Maceira considera que o ditame é contrario á Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas, asinada por España, e que sinala o compromiso por garantir que estas linguas sexan empregadas na prestanción dos servizos nas administracións e polas autoridades. No canto de promover e normalizar o uso da lingua marxinada, sinalan en Queremos Galego, o fallo do Supremo “pretende manter a exclusión histórica” e a “invisibilización” do idioma.

O Concello estuda pedir amparo no Constitucional pola ordenanza do galego

 

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...