InicioCulturaCoñece o cartel gañador do San Froilán 2018

Coñece o cartel gañador do San Froilán 2018

A obra San Froilán ¡tentacular! do autor David Segade foi a gañadora do cartel do San Froilán e Alba Bueno, a galardoada no concurso do San Froilán Miúdo polo seu deseño Los pulpos bailan con elegancia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer este martes o cartel anunciador do San Froilán 2018 tras a reunión dun xurado profesional na Casa Consistorial. A obra, San Froilán ¡tentacular! do autor David Segade foi a gañadora do cartel do San Froilán e Alba Bueno, a galardoada no concurso do San Froilán Miúdo polo seu deseño Los pulpos bailan con elegancia.

Tras a votación popular nas redes sociais, un xurado cualificado composto polo profesor da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón, Alejandro Carro, o deseñador gráfico, Julio Seijas e a directora da galería de arte About Art, María Díaz, escolleron os deseños gañadores. Nesta edición presentáronse un total de 19 traballos para o concurso do cartel e para o Miúdo un total de 67 obras.

Deseño gañador do San Froilán 2018

Os membros do xurado destacaron que o cartaz gañador amosa unha imaxe da cidade de Lugo moi orixinal a través dunha chamativa utilización da cor e a composición do deseño, que da como resultado unha imaxe que nunca antes se vira nun cartel anunciador destes festexos. Nesta mesma liña, a obra premiada do San Froilán Miúdo recolle os elementos característicos destas festas: o polbo, a feira e a tradición galega a través dun traballo moi laborioso.

O gañador do deseño do cartel principal recibirá como premio, un importe de 2.000 euros e a galardoada no Miúdo un premio adaptado a súa idade, por valor de 300 euros.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...