InicioCulturaO mural que multiplica a visibilidade do Lugo romano pode ser campión...

O mural que multiplica a visibilidade do Lugo romano pode ser campión mundial do 2021

Poucos acontecementos tiveron nas últimas décadas tanta repercusión mediática internacional en Lugo como o mural de Diego AS en homenaxe ao pasado romano da cidade. Esta semana comezaron as votacións da plataforma Street Art Cities para escoller o mellor mural do mundo do ano 2021, e Diego está entre eles como campión do mes de agosto

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pasado verán nas rúas de Lugo houbo unha nova pregunta que ademais foi tamén a máis repetida: “Onde está o mural de Xulio César?”. Grandes cantidades de persoas de toda Galicia, e tamén de fóra dela, achegáronse á cidade para descubrir esa obra que logo en agosto sería recoñecida como a mellor do mundo no mes de agosto.

Rematado xa o 2021, a plataforma Street Art Cities escolleu os 100 mellores murais do ano entre os que por suposto atópase o do lucense Diego AS, pero agora chega a mellor parte… a selección por parte do público de cal será, de entre todos eles, o mellor de todos.

Unha nova oportunidade para que Lugo siga sendo portada a nivel mundial, e tamén de seguir recibindo a moitos viaxeiros curiosos de todo o planeta.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...