InicioCulturaLugo suplirá de xeito provisional a dirección da Banda Municipal de Música

Lugo suplirá de xeito provisional a dirección da Banda Municipal de Música

O Concello habilita unha comisión de servizos para recobrar a actividade da agrupación cando están a pique de cumprirse dous anos da xubilación do anterior director

PUBLICADA O

- Advertisement -

En contraste co pulo da Escola Municipal de Música, a parálise da Banda Municipal de Música é complicada de entender. Preto de dous anos despois da xubilación do antigo director, o Concello de Lugo habilita un mecanismo provisional para que a agrupación, con 150 anos de historia, recobre a súa actividade.

Será a través dunha comisión de servizos, como anunciou a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua. O departamento que dirixe Carmen Basadre ofrece a cobertura da praza de dirección aos integrantes do grupo A1, Funcionario/a de Administración Especial Técnico Superior, complemento de destino 29, e un complemento específico de 12.980 euros.

Esta persoa, ademais de cumprir os requisitos, debe contar con experiencia nos eidos que abranguen as actividades da Banda de Música Municipal. As interesadas nesta comisión de servizos que cumpran os requisitos poden manifestar a súa disposición mediante escrito, dirixido á Concellería de Cultura, no Rexistro Xeral do Concello, antes do 18 de setembro.

No escrito deben figurar os datos de contacto, así como un currículo no que se detallen os méritos e a experiencia vencellada á dirección de bandas de música, á dirección de escolas de música e conservatorios e á docencia musical, amén da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos do posto. O Concello de Lugo poderá solicitar, cando así o considere, a ampliación da información facilitada polas persoas interesadas na comisión de servizos ofertada.

Pola súa banda, as persoas interesadas poderán solicitar información dirixíndose, mediante correo electrónico, á Dirección Xeral de Recursos Humanos: dxrecursoshumanos@concellodelugo.org.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...