O novo talento lucense réndese á investigación científica

O alumnado do STEMbach (Bacharelato de excelencia en ciencia e tecnoloxía) do IES Lucus Augusti presenta hoxe os seus proxectos, codirixidos por docentes universitarios. Fixeron estudos sobre a microbiota, sobre o rendemento dun motor ou sobre a determinación de cobre en augas.

O IES Lucus Augusti é un dos tres centros da provincia de Lugo que impartirá o bacharelato de excelencia científica e tecnolóxica Stembach
O IES Lucus Augusti é un dos tres centros da provincia de Lugo que impartirá o bacharelato de excelencia científica e tecnolóxica Stembach

O alumnado de STEMbach (Bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía) do IES Lucus Augusti presenta este mércores os seus proxectos de investigación nun acto que terá lugar ás 17:00 horas no salón de actos do centro.

O programa STEMbach enmárcase dentro da Estratexia Edudixital 2020, promovida pola Xunta de Galicia. Só tres institutos da provincia contan con esta modalidade, que procura fomentar o talento da mocidade no eido científico-tecnolóxico a través do contacto directo coa universidade. E é que os proxectos desenvolvidos polos estudantes están co-dirixidos por profesores universitarios.

Na tarde deste mércores, defenderán os traballos de investigación que realizaron individualmente, en parella ou en grupo. O estudo de posibles melloras para o rendemento dun motor, a microbiota, as estruturas de agregación de sistemas coloidais, a determinación de cobre en augas ou o parentesco no rodaballo son os temas sobre os que afondaron estes estudantes do IES Lucus Augusti.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here