InicioCulturaGuitiriz constrúe pontes con Euskadi a través de proxectos de literatura con...

Guitiriz constrúe pontes con Euskadi a través de proxectos de literatura con fins solidarios

Agalir Ediciones Solidarias chega á provincia de Lugo e da Coruña para presentar o libro 'Sentimientos de cristal', cuxos beneficios irán destinados a un neno que sofre a enfermidade dos ósos de cristal. Esta editorial publica contos en galego, éuscaro, catalán e castelán para fomentar o interese polos idiomas entre os máis pequenos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha editorial con fins solidarios e que presta especial atención á diversidade lingüística de España. Así é Agalir Ediciones Solidarias, un proxecto nacido no País Vasco que agora viaxa á nosa provincia para ser presentado canda o libro que publicaron, ‘Sentimientos de cristal’. A asociación NPG Nova Poesía Guitirica, coa A.C. Xermolos e a asociación Lar de Unta (Betanzos) colaboran con esta iniciativa éuscara para dar a coñecer aquí o seu traballo. O luns 19, farán unha parada en Guitiriz para logo continuar ata Melide e Betanzos, onde será a presentación oficial ás 20.30 horas.

Agalir Ediciones Solidarias foi creada por necesidade propia para poder publicar a obra ‘Sentimientos de cristal’, cuxos beneficios irán destinados en parte ao neno Lucas Argoitia, un cativo que sofre a enfermidade dos ósos de cristal, tal como se coñece comunmente esta doenza. De acordo con ese fin solidario, foilles preciso crear unha asociación, cuxo nome é o mesmo ca o do libro.

E é que esta base social é unha constante en todas as súas publicacións, ben polo seu contido ou pola repercusión económica que deixa nalgún dos proxectos que levan a cabo, como ‘Ningún niño sin su cuento’. Este, en concreto, garante que, a partir de cada conto vendido, dóase outro igual aos nenos máis desfavorecidos (centros de acollida, hospitais…) Precisamente algúns destes libros serán repartidos entre os cativos dos campamentos de Guitiriz, nun acto celebrado na Casa Habaneira o vindeiro luns 19 ás 12 da mañá.

LIBROS EN GALEGO, ÉUSCARO, CASTELÁN E CATALÁN

Outra das caracteristicas das súas publicacións é o plurilinguismo. Sempre que lles é posible, editan as obras en castelán, éuscaro, galego e catalán. Procuran sementar a curiosidade e querenza polos idiomas na xente máis miúda; facer entender que nos serven para comunicarnos e non para pelexarnos. É, tamén, unha maneira de exportar o éuscaro a outras autonomías, ao tempo que levan outros idiomas a Euskadi.
COLABORACIÓN DE CREADORES GALEGOS
Tras seis anos de vida, os seus proxectos de cara ao futuro seguen ligados a Galicia, xa que no libro ‘E de súpeto o inverno’ participaron unha vintena de escritores e diferentes artistas -coñecidos e descoñecidos- que teñen o noso país como raíz común. Entre eles estarían Baldomero Iglesias, Xosé Vázquez Pintor, Paco Ledo, Xulio García Rivas, David Otero, Antom Laia, Teresa Ramiro… 
Outras obras que andan preparando abordan a cuestión da violencia machista (‘Cartas con remite de muller e silencios de home’) ou outros que se axeitan para traballar as emocións dos máis cativos.
+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...