InicioComarca de MeiraRibeira de PiquínMorre o condutor dun camión tras envorcar o vehículo que manexaba en...

Morre o condutor dun camión tras envorcar o vehículo que manexaba en Ribeira de Piquín

PUBLICADA O

- Advertisement -

O condutor dun camión faleceu na mañá deste venres nun accidente de tráfico rexistrado ao saírse da vía o vehículo que manexaba ao seu paso polo termo municipal de Ribeira de Piquín.

Segundo informou a Garda Civil, este sinistro tivo lugar sobre as 10,05 horas deste venres á altura do quilómetro 10,200 da estrada LU-751, que une Meira e Chao do Pousadoiro), ao seu paso polo termo municipal de Ribeira de Piquín.

En concreto, o accidente consistiu na saída de vía pola marxe esquerda, sentido crecente da circulación, dun camión articulado, cuxo condutor resultou falecido.

O 112 Galicia, que recibiu o aviso do accidente, sinalou que ata o lugar, ademais da Garda Civil de Tráfico, acudiu persoal dos servizos sanitarios, dos Bombeiros de Vilalba e de Protección Civil da localidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Candia trata medidas con AdisLugo para compatibilizar actividades económicas coas ZBE

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a...