InicioCulturaNegueira de Muñiz alberga este sábado o paradisíaco Festival do Alto Navia

Negueira de Muñiz alberga este sábado o paradisíaco Festival do Alto Navia

O I Festival do Alto Navia, a cargo da Asociación para o Desenrolo de Negueira de Muñiz, ofrece música, acampada e actividades acuáticas nun entorno virxe no val da Veiga

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Festival do Alto Navia celebrará este sábado 28 de xullo a súa primeira edición no concello de Negueira de Muñiz. As actividades están ubicadas nun espazo paradisíaco en plena Reserva da Biosfera, a área recreativa de Virxe da Veiga. Os asistentes poderán desfrutar de foliadas, sesións DJ, actividades de teatro, deportes acuáticos e as actuacións musicais de Víctor Coyote, Man de Santo, Caldo y Os Rabizos y TINOprojectTIO. 

Esta zona é un entorno natural virxe, protexido por montañas e arrodeado de videiras centenarias. O Festival do Alto Navia está orientado a todo tipo de públicos, que contarán con música en directo para ambientar os chapuzóns no encoro, unha programación lúdica, postos de comida, bar e artesanía no mercado tradicional. Tamén existe, baixo reserva, unha zona de acampada libre e de balde.

Este festival xorde a cargo da Asociación para o desenrolo de Negueira de Muñiz (ADN). Faino cunha finalidade dinamizadora, para poñer en valor a riqueza patrimonial, natural, etnográfica e cultural desta zona da Reserva da Biosfera río Eo, Oscos e terras de Burón.

Programación

Programación do I Festival do Alto Navia de Negueira de Muñiz
Programación do I Festival do Alto Navia de Negueira de Muñiz

Reserva zona de acampada limitada: festivaldoaltonavia@gmail.com

Circuitos en kayak e competición (15 euros/persoa). Reserva e información: 689565640 — 985978146.

COMO CHEGAR

Cartaz do I Festival do Alto Navia a celebrar este sábado 28 de xullo na Veiga, en Negueira de Muñiz
Cartaz do I Festival do Alto Navia a celebrar este sábado 28 de xullo na Veiga, en Negueira de Muñiz

Máis información na ligazón oficial. 

ÚLTIMAS

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...