InicioMedioambiente e PatrimonioDous anos despois do incendio da Tebaida, nada evitará outra catástrofe

Dous anos despois do incendio da Tebaida, nada evitará outra catástrofe

As medidas acordadas como consecuencia do incendio da Tebaida berciana, que afectou a 1.300 hectáreas de enorme valor, están na maioría sen executar

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación Bierzo Aire Limpio advirte sobre o incumprimento das medidas acordadas no pleno de Ponferrada a consecuencia do incendio da Tebaida en abril de 2017. Aquel desastre, que afectou a 1.300 hectáreas de enorme valor natural e patrimonial e que puido quedar impune, fixo ver a necesidade dun novo plan forestal e de ordenación do monte. Porén, case dous anos despois, segue sen executarse.

A denuncia do “desprezo á Tebaida e o patrimonio forestal ponferradino” prodúcese a propósito da recente decisión do Xulgado de Instrución Número 8 de Ponferrada de reclamar a seis novas testemuñas. Este proceso, que a piques estivo de quedar sen resolver, continuou polo recurso da Asociación Forestal de León e Bierzo Aire Limpio, que denuncian a demora da administración local en participar das dilixencias. Era obriga do Concello, explican, “liderar a persecución do delito contra tan preciado ben municipal”.

Así as cousas, os ecoloxistas critican a “falta de interese” por cumprir o acordado tralo incendio forestal da Tebaida, “en especial o relativo ao plan forestal”. Por iso, instan a todos os grupos con representación no pleno local a comprometerse “antes e despois das vindeiras eleccións” coa aprobación e aplicación do Plan de Ordenación Integral dos Montes de Ponferrada.

BAL

Neste senso, esíxese a convocatoria do grupo de traballo aprobado en xuño de 2017, así como “a aceleración das xuntanzas” para ter listo “canto antes” devandito plan. Por outra banda, Bierzo Aire Limpio comina a “impulsar xudicialmente a persecución do delito ecolóxico” e acotar os pastos e a caza nos terreos queimados. Esta petición está vencellada ás pescudas xudiciais, nas que está involucrada unha familia de gandeiros que se tería beneficiado dos consecutivos lumes no Val do Silencio.

Entre outras demandas, solicitan da Xunta de Castela e León a xestión compartida dos montes catalogados de utilidade pública; un plan de reforestación sostible; e a ordenación dos recursos naturais nas zonas cualificadas de Lugar de Interese Comunitario (LIC) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), coma é o caso dos Montes Aquilianos (a Tebaida está situada entre esta formación e os Montes de León).

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...