InicioSucesosA borrasca fixo suspender as clases en centros por toda a provincia

A borrasca fixo suspender as clases en centros por toda a provincia

O dobre de alumnos dos previstos inicialmente pola Xunta de Galicia perderon as clases este venres pola climatoloxía adversa

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ameaza de nevaradas moderadas, con acumulacións de ata 22 centímetros a partir dos 500 metros de altitude, levou a suspensión anticipada das clases en catorce centros da Montaña. Porén, as previsións iniciais foron superadas pola potencia da borrasca, con episodios de forte vento, desbordamento de ríos e problemas en estradas de toda a provincia. Finalmente, o número de alumnos afectados resultou ser o dobre do previsto.


Este venres, a Consellería de Educación informou de que 17 centros de ensino de Lugo suspenderon as clases, con afectacións nun total de 20 concellos: a complicada climatoloxía tivo impacto tamén en zonas da costa, a Chaira e o sur da provincia. Así, 1.582 estudantes quedaron sen acudir ás aulas.


As localidades afectadas polo temporal corresponderon na maioría á Montaña, nas comarcas da Fonsagrada, Os Ancares, O Courel e Sarria. Os fenómenos meteorolóxicos adversos tiveron impacto tamén nos concellos de Mondoñedo, A Pontenova, Antas, Monterroso, Guitiriz, Begonte, Castroverde e Sarria. Ademais, en Taboada houbo 107 alumnos afectados, aínda que sen cancelación das clases.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...