InicioSociedadeRepuntan os contaxios ata 21 e os casos activos na área lucense

Repuntan os contaxios ata 21 e os casos activos na área lucense

A provincia reduciu lixeiramente a presión asistencial, con catro pacientes en planta (-1) e tres en coidados intensivos (igual).

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este sábado 10 de abril unha repunta de casos, ao sumar un total de 160 pacientes con coronavirus, 12 máis ca os notificados onte polo Sergas. Nas últimas 24 horas confirmáronse 21 novos positivos a través de PC, máis do dobre de contaxios que remitía Sanidade este venres.

Pola súa banda, a situación hospitalaria case non experimenta cambios. Segundo o balance de datos de Sanidade, a área de Lugo-A Mariña-Monforte reduciu lixeiramente a presión asistencial, con catro pacientes en planta (-1) e tres en coidados intensivos (igual). Todas estas persoas están a ser atendidas no Hula.

GALICIA

A nivel galego, a presión hospitalaria que deixa a pandemia da covid-19 mantense este sábado sen variacións, con 167 pacientes. Con todo, os novos contaxios detectados nun día por calquera tipo de probas aumentaron ata os 209, o que implica unha subida de 63 máis con respecto aos da xornada anterior. Ademais, isto traduciuse en que os casos activos subiron por segundo día consecutivo. Segundo os datos que ofrece a Consellería de Sanidade, hai 2.286 pacientes de coronavirus, 93 máis que 24 horas atrás. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial

+ posts

ÚLTIMAS

Castro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

A Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais chega este ano á súa XXIII edición...

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...