InicioLugo e contornaLugoInvestigado en Lugo por dispararlle a un can e darlle de comer...

Investigado en Lugo por dispararlle a un can e darlle de comer a outros só unha vez á semana

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado un veciño de Lugo de 47 anos de idade como presunto autor dos delitos de malos tratos animais e coaccións por dar para comer aos seus cans só unha vez á semana e disparar a un.

Segundo informou o Instituto Armado, o presunto autor do delito de malos tratos animais posúe varios cans, os cales se atopan na vivenda duns familiares seus, e aos que dá soamente de comer unha vez á semana, destacan as mesmas fontes.

O pasado mes de xaneiro supostamente disparoulle cunha escopeta a unha cadela da súa propiedade, ante o que alegou que esta estaba enferma. Supostamente trasladou a cadela ata unha matogueira próxima á vivenda familiar para, a continuación, efectuar un disparo e arroxar o cadáver do animal a un colector de lixo que hai nas inmediacións.

As dilixencias policiais instruídas en relación con estes feitos foron remitidas á autoridade xudicial.

FALSIDADE DOCUMENTAL

Por outra banda, a Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Escairon, no concello do Saviñao, de 23 anos de idade, como presunto autor dun delito de suplantación de identidade e outro de falsidade documental.

Supostamente o mozo investigado utilizou os datos doutra persoa de maneira ilexítima nun contrato realizado cunha empresa de seguridade. As dilixencias policiais foron remitidas ao xulgado de garda de Monforte de Lemo.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...