InicioLugo e contornaLugoPensionistas de Lugo trasladan ao Ministerio de Economía un decálogo para a...

Pensionistas de Lugo trasladan ao Ministerio de Economía un decálogo para a exención de comisións por cartóns

Dende a Asociación consideran que as medidas adoptadas aínda non son suficientes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación de Pensionistas e Xubilados de Lugo van trasladar un “decálogo” ao Ministerio de Facenda, cunha serie de reivindicacións como que a banca privada non cobre comisións polo uso dos cartóns de crédito e débito.

Ademais, reclaman que “non haxa importes mínimos na retirada de efectivo en caixeiro ou portelo, que non se cobren comisións por ingresos ou retiradas de diñeiro efectivo” ou “a gratuidade dos cartóns de crédito”.

O presidente da asociación, Julio Méndez, celebrou que xa se deu “algún paso” por parte da banca, ante a presión dos maiores, como “ampliar o horario e a atención presencial”.

Medidas que considera que aínda “non son suficientes”, por iso é polo que se redactou ese “decálogo”, polo que se pide que “non” se cobren cotas de mantemento das contas ou “por usar os cartóns”.

“A iso tense que dar marcha atrás, as entidades bancarias non poden pretender que todo sexa beneficio puro e duro. Hai que atender ben aos clientes”, apremou.

Julio Méndez destacou que “se está facendo circular un decálogo por toda España para que sexa apoiado e isto chegará ás reunións que se celebran en Madrid co Ministerio de Economía, co INSS, co Banco de España, o Banco de España e representantes da banca”.

Entre outras suxestións tamén se recolle “a gratuidade das contas onde se perciben as pensións, atención telefónica individualizada” ou “achegar as oficinas aos lugares desbancarizados e manter preferentemente os caixeiros no interior da entidade bancaria ou dun espazo protexido do exterior” pola seguridade das persoas maiores.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...