InicioSociedadeGran despregamento policial para protexer a Ana Sandamil nos xulgados de Lugo

Gran despregamento policial para protexer a Ana Sandamil nos xulgados de Lugo

O pai de Desirée acusa á súa exmuller de "facerse a vítima".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un gran despregamento policial custodiou a Ana Sandomil, acusada pola morte da súa filla Desirée Leal, ata a Audiencia Provincial de Lugo, onde este martes se celebra a segunda sesión, con xurado popular, para xulgar este crime.

Unha decena de axentes da Policía Nacional abrían paso, xunto a media ducia de axentes da Garda Civil do Servizo de Intervención Rápida (SIR), que tiveron que conter a algúns familiares que increpaban á presunta asasina ás portas do xulgado.

Sandamil era recibida ao berro de “asasina”, “mala bicha”, “filla do demo” e “filla de puta“, á vez que clamaban para que non se ocultase baixo a máscara e un anorak que apenas lle mostraba o rostro.

Entre varios axentes levárona polo aire ata a Audiencia Provincial, tratando os axentes de suxeitar a algúns dos que se apelotonaban na praza de Avilés e proferían improperios contra a acusada do crime da nena de sete anos, ocorrido na noite do 2 ao 3 de maio 2019.

“FACERSE A VÍTIMA”

Previamente, o pai de Desirée, José Manuel Leal, criticou sobre a declaración da súa exmuller que “o papel era o esperado, de facerse a vítima”. “Cando se lle preguntaba polo feito concreto non se acordaba de nada, pero acordábase de todo o demais de días anteriores e días posteriores, que non estaba privada das súas facultades mentais”, afeou sobre a declaración do pasado luns.

Tamén censurou o que testemuñou a avoa materna “onde di que ela non viu á súa propia neta con sangue, nin coa boca esnaquizada, pero aí están as fotos que sacou a Garda Civil para ver o estado da nena”.

“Chegouse a dicir que eu maltrataba á nai, e estamos a falar que facía catro anos que non estabamos xuntos e que ela tiña xa a súa parella”, subliñou.

Interpelado sobre se considera isto como “violencia vicaria”, que perseguiría co crime facerlle dano a el, non dubidou que así é. “Por suposto”, sentenciou. E argumentouno porque el mesmo “falara de ter a custodia compartida, pero ela era moi posesiva. “Foi por iso polo que o fixo, téñoo clarísimo”. “Foi consciente do que fixo porque foi cun ensañamiento enorme”, agregou.

As tres acusacións piden a prisión permanente revisable para Ana Sandamil que na súa declaración do luns, na sección segunda da Audiencia Provincial, negou os feitos.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...