InicioSucesosDetidos dous homes por agredir ás súas parellas en Lugo, un deles...

Detidos dous homes por agredir ás súas parellas en Lugo, un deles diante do seu fillo

O fillo interpuxose diante do pai que quería bater cun pau á nai.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron o pasado fin de semana a dous homes por agredir ás súas respectivas parellas, un deles diante do seu fillo, que se puxo medio para que evitar que lle dese cun pau.

Segundo informou a Policía Local, sobre as 22,00 horas do pasado sábado 23 de outubro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno foi enviada a un edificio da rúa San Isidro Labrador por unha agresión.

Axentes trasladáronse ao lugar onde unha muller lles relatou que a súa parella, despois dunha pequena discusión, informaron as mesmas fontes, tirouse “sobre ela, agarrouna polo peito, empuxouna e, tras arrebatarlle o móbil, lanzouno violentamente ao chan, onde rompeu.

Unha patrulla da Policía Nacional que acudiu ao lugar posteriormente entrevistouse co fillo da parella, quen manifestou que o seu pai agarrara un pau con “clara de utilizalo contra a súa nai”, pero púxose no medio e logrou interceptalo, relataron as mesmas fontes.

Por iso, a Policía Local procedeu á detención do home, que estaba na vivenda, e foi trasladado a dependencias policiais para a instrución de dilixencias por un delito de violencia de xénero. Pola súa banda, á muller ofrecéuselle ser trasladada a un centro médico, pero manifestou que prefería facelo polos seus propios medios, concretaron as mesmas fontes.

FERIDA

Por outra banda, sobre as 1,00 horas deste domingo pasado, 24 de outubro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local foi enviada á rúa Escultor Asorey porque no interior dunha vivenda un home agredía a unha muller.

A patrulla enviada foi recibida por unha muller que “tiña a roupa manchada de sangue e un forte golpe na cella dereita, con salpicaduras de sangue pola cara”, quen manifestou que non estaba soa e que había outra persoa cun coitelo.

Os axentes rexistraron o domicilio e atoparon nunha das habitacións á parella da muller ferida, apoiada contra unha parede, pero sen arma branca, polo que foi detido este individuo por un delito de violencia de xénero.

Foi trasladado a dependencias policiais, onde se instruíron dilixencias para o xulgado correspondente. Ademais, a Policía Local puntualizou que o home, que inicialmente se mostraba colaborador, no transcurso do traslado “proferiu ameazas graves cara aos axentes”, e golpeou “violentamente” o biombo de protección do vehículo policial, polo que tivo que ser reducido e inmobilizado.

Pola súa banda, a muller foi asistencia por unha dotación sanitaria do 061 que fora reclamada polos axentes.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...