InicioLugo e contornaA muller que sufriu un asalto na súa casa en Xermade evoluciona...

A muller que sufriu un asalto na súa casa en Xermade evoluciona favorablemente no HULA

A Garda Civil mantén abertas "todas as liñas de investigación" e o caso atópase "baixo segredo" dun xulgado de Vilalba.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A muller que sufriu un asalto na súa casa na parroquia de Candamil no municipio de Xermade, e que permanece na UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), “evoluciona favorablemente”, segundo destacou o alcalde deste municipio, Roberto García.

Hai uns 15 días un home entrou nesa casa unifamiliar situada aos pés da estrada LU-861, da que supostamente se levou o teléfono móbil da vítima. Ese mesmo día foi ingresada a muller na UCI con “un traumatismo na cabeza”. A Garda Civil mantén abertas “todas as liñas de investigación”, que se atopa “baixo segredo” dun xulgado de Vilalba, sinalou. O alcalde de Xermade puntualizou que a vítima “tiña un traumatismo na cabeza, e agora evoluciona favorablemente pero estivo grave”. “Estivo sedada”, abundou.

Ademais, o rexedor sinalou que este asalto “claro” que lle preocupa, para advertir seguidamente que “Xermade é unha zona rural, coa poboación dispersa e bastante xente maior”. “Esperemos que se esclareza rápido quen foi o autor ou autores”, desexou.

García expuxo que polo que lle dixo a familia, “houbo unha persoa merodeando por aí e despois aconteceu o asalto”. “O autor levou o móbil e posteriormente houbo movementos bancarios e a autoría vai enfocada polo tema económico”, relatou. Por parte do Concello apélase á “tranquilidade” e anúnciase que se vai a “intensificar” a vixilancia, sobre todo, nos núcleos rurais do municipio para evitar este tipo de accións violentas.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...