InicioTerra CháVilalbaO PP de Vilalba propón unha declaración institucional co gallo do 25N

O PP de Vilalba propón unha declaración institucional co gallo do 25N

A voceira municipal, Sandra Vázquez, convida aos grupos a sumarse a esta declaración para lembrar o compromiso da corporación municipal na loita contra a violencia de xénero e a prol da igualdade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal Popular de Vilalba vén de rexistrar unha proposta de declaración institucional con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres.

A menos dunha semana para a súa conmemoración, os populares propoñen aos distintos grupos a aprobación dun posicionamento claro por parte da corporación do Concello de Vilalba contra a violencia de xénero e a prol da igualdade. Polo tanto, convidan a sumarse ao rexeitamento a esta lacra que deriva en importantes consecuencias negativas para mulleres e familias.

A voceira, Sandra Vázquez, cre que toda a sociedade se debe implicar na erradicación de todas as formas de violencia contra as mulleres; incluídas tamén as distintas administracións sumando esforzos na aplicación das políticas axeitadas para protexer ás mulleres vítimas de violencia de xénero e ás súas familias.

Dende o grupo popular de Vilalba lembran “ás vítimas falecidas e ás súas familias; así como tamén a aquelas mulleres que seguen sufrindo maltrato en silencio e, especialmente, ás máis vulnerables”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...