InicioSucesosEstabilizado o incendio de Vilapedre (Vilalba), con 33 hectáreas queimadas

Estabilizado o incendio de Vilapedre (Vilalba), con 33 hectáreas queimadas

O lume afecta a monte raso na parroquia de Vilapedre, zona que xa ardeu o verán de 2017, e foi estabilizado ás 17.10 horas segundo informacións de Medio Rural

PUBLICADA O

- Advertisement -

O incendio na parroquia de Vilapedre, en Vilalba, resultou estabilizado ás 17.10 horas deste martes. En total, afecta a 33 hectáreas de monte raso. Nestes intres non hai lumes activos en Galicia.

A información da Consellería de Medio Rural trascendeu ás 12.00 horas deste martes, cando xa arderan máis de 20 hectáreas, aínda que foi declarado dúas horas antes. Esta zona xa resultou afectada por un lume en agosto de 2017.

Polo de agora, as lapas afectan a monte raso do termo municipal de Vilalba. No lugar de Vilapedre traballan en labores de cerco e extinción do incendio nove brigadas con seis motobombas e unha pa, catro axentes e un técnico.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...