InicioLugo e contornaA alcaldesa de Vilalba solicita formalmente a Sanidade un cribado tras dispararse...

A alcaldesa de Vilalba solicita formalmente a Sanidade un cribado tras dispararse os positivos

Pide que se realice en Vilalba para que os veciños non teñan que desprazarse ata Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, solicitou “formal e oficialmente” á Consellería de Sanidade que faga un cribado no municipio, ao dispararse os positivos por covid-19 con case medio centenar de casos.

Veleiro destaca que se produciu un “incremento de contaxios de forma explosiva”, polo que pide un cribado “con calquera dos sistemas que hai hoxe en día”. É máis, a rexedora aposta porque as probas se realicen en Vilalba, “sen que teñan que desprazarse os veciños ata a delegación de Sanidade” na cidade de Lugo.

Así, Veleiro aproveita para “ofrecer desde o concello medios humanos e medios de localización ao servizo da Consellería”. “Imos dar todas as facilidades posibles. Existe a infraestrutura e agora o que estamos a esperar é que se produza a resposta de Sanidade”, promete.

A alcaldesa advirte que “o que se trata é detectar aqueles casos asintomáticos que poidan ser positivos, para incidir na necesidade de que queden confinados e frear así a cadea de transmisión” no municipio de Vilalba.

+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...