InicioTerra CháVilalbaO capón de Vilalba volve ser un "éxito" tras dous anos de...

O capón de Vilalba volve ser un “éxito” tras dous anos de pandemia

Dos 1.250 exemplares que se puxeron a venda, practicamente vendéronse todos tanto os presenciais coma os que se enviaron con anterioridade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, mostrouse “satisfeita” e cualificou de “éxito” a feira do capón que se celebrou este martes, na que se comercializou a práctica totalidade dos 1.250 exemplares que se puxeron á venda.

Para a feira do capón, aclarou, “estaban inscritos 1.250 exemplares e practicamente vendéronse todos, os presenciais e os que se enviaron con anterioridade”.

Foi un éxito e este ano foi un ano excepcional pola pandemia e tamén esa convocatoria da folga do transporte, que finalmente se desconvocou, que afectaba directamente a un produto que é moi delicado”, puntualizou.

Elba Veleiro constatou que a “media” do que se pagou por exemplar situouse finalmente “sobre os 100 euros“, aínda que algún puido quedar sobre os 90.

A alcaldesa de Vilalba lembra que todo iso “depende do peso“. De feito, unha vendedora acreditoulle que vendeu un exemplar por 150 euros, mentres que os demais entre 100 e 120 euros. Cada exemplar de capón pesa “sobre 5 ou 6 quilos”, a media dos capóns de Vilalba é de 6 quilos.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...