InicioTerra CháVilalbaHospitalizado un veciño de Vilalba logo dun lume na súa casa

Hospitalizado un veciño de Vilalba logo dun lume na súa casa

O incendio comezou pasada a media noite.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi trasladado polos servizos sanitarios despois de producirse un lume nunha vivenda da rúa do Rolo, na parroquia de Mourence, no municipio lucense de Vilalba. Ardeu o faiado e varios cuartos da primeira planta da casa.

Segundo informou o 112 Galicia, recibiu o aviso pasadas as 00,30 horas deste martes a través da chamada do propio afectado, que alertou de que se decretou un incendio no seu domicilio mentres durmía.

Ademais, nesta mesma comunicación afirmou que podía saír do domicilio polo seu propio pé. Con esta información, o CIAE-112 Galicia avisou aos Bombeiros de Vilalba, aos Bombeiros do Eume, ao Servizo Municipal de Protección Civil, á Garda Civil e a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Ademais, para axudar a apagar as chamas, tamén foi requirida a colaboración da Central de Incendios, que enviou ata o lugar dúas motobombas de Begonte e de Guitiriz. Cando os medios de extinción xa se desprazaban ata o punto, un segundo aviso doutro particular advertiu da mesma incidencia e asegurou que escoitara unhas explosións na vivenda.

Minutos despois, os axentes que xa se atopaban no lugar confirmaron que os residentes se atopaban ben e estaban fóra da casa. A pesar diso, segundo afirmaron membros de Protección Civil posteriormente, unha persoa tivo que ser trasladada en ambulancia, aínda que estaba en bo estado. Trátasde dun home de 59 anos, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

En canto a danos materiais, os bombeiros explicaron que, finalmente, ardera o faiado e varias habitacións da primeira planta da casa.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación estende aglomerado no Corgo sobre o cinto comarcal de estradas

  A Deputación de Lugo vén de iniciar esta semana o estendido do aglomerado en...

Celadores do HULA denuncian o colapso de Urxencias este luns

Os e as celadoras do HULA de Lugo informan mediante unha nota de prensa...

O PP de Guitiriz leva aos tribunais á alcaldesa por suposta falsidade documental e cobro indebido de dietas nunha viaxe privada a Portugal

Os concelleiros do Partido Popular de Guitiriz presentaron unha denuncia contra a alcaldesa da...

O PPdeG propón unha declaración institucional para condenar a vandalización do busto de Manuel Fraga en Vilalba

O PPdeG enviou ao resto de grupos parlamentarios unha proposta de declaración institucional para...