InicioSociedadeO SLG insta ao Concello de Villalba a impulsar o centro de...

O SLG insta ao Concello de Villalba a impulsar o centro de día tralo apoio da Xunta

Consideran que se trata dunha "oportunidade histórica" polo visto bo de Política Social e a posibilidade de acceder a fondos europeos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sindicato Labrego Galego volve mover ficha na cuestión dos centros de días. Logo de rexistrar escritos solicitando á Xunta de Galicia e a Consellería de Política social un plan de dotación de centros de día para Vilalba, o SLG asegura estar a recibir o apoio de “diversos partidos políticos municipais”, entre eles o PP e Vilalba Aberta. Non acontecería o mesmo co propio concello, en mans do PSOE co apoio dos independentes de VA.

Diante deste sentir que o sindicato cualifica de “unánime”,  volven animar ao goberno local a “coordinar todos estes pulos e a poñerse mans á obra para redactar unha proposta para presentarlle á Xunta co apoio integral das forzas políticas vilalbesas”. Ademais, apuntan que “sería interesante abrir un proceso participativo para que a cidadanía vilalbesa, a través dos colectivos e asociacións municipais máis representativas, dilucidase cales son as principais necesidades que se deben cubrir a través deste plan e a través de que proxectos concretos”.

A ollos do SLG, a cuestión do centro de día preséntase agora como “unha oportunidade única” ante a “boa disposición” da Xunta de Galicia e a posibilidade de contar con Fondos Europeos. “Non estamos dando brindes ao sol, senón que imos dispor de recursos financeiros suficientes e do apoio das institucións autonómicas, tal e como llo ratificou a conselleira de Política Social, Fabiola Sotelo, á nosa secretaria xeral, Isabel Vilalba”. Por iso piden a implicación do consistorio vilalbés de cara á dotación deste novo centro para o concello.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...