InicioMedioambiente e PatrimonioComeza o 4.º Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba

Comeza o 4.º Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba

Medio cento de profesionais e expertos da arqueoloxía reúnense ata o sábado na cabeceira da comarca chairega, nun evento único no noroeste peninsular

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dende este mércores, o Museo Arqueolóxico de Vilalba alberga unha conferencia única no noroeste peninsular. Medio cento de profesionais e investigadores congregaranse no 4.º Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba, que se extenderá ata o sábado 21 de xullo. O foro servirá para presentar e analizar as máis recentes investigacións dos participantes.

O evento foi presentado polo deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e mailo director do centro museístico, Eduardo Ramil Rego. A organización corresponde á Asociación de Amigos do Museo de Vilalba e ao propio Museo de Prehistoria e Arqueoloxía. A Deputación é a principal administración colaboradora, cunha achega de 2.000 euros.

Este Congreso Internacional, que contará con 50 asistentes, comeza este mércores 18 e durará ata o 21 de xullo. Na cita, vínculo fundamental para a comunicación entre os expertos do eido, defenderanse máis de 30 ponencias.

As xornadas inclúen “análises matemáticas desenvolvidas para a contextualización dos bifaces do xacemento máis antigo de Galicia, en Louselas (Ribadeo), ou a confusión entre petróglifos e trazas xeolóxicas, e estudios de materiais e estruturas arquitectónicas de diferentes períodos”, precisou Vidal Baamonde.

Amais de colaborar con esta xuntanza, a única de carácter científico acerca desta temática no noroeste da Península Ibérica, o enviado da Deputación lembrou que a institución provincial “colabora activamente en diversas actuacións arqueolóxicas que nos permite por en valor a riqueza patrimonial, histórica e cultural coa que contamos na provincia de Lugo”.

Así, entre outros proxectos, o goberno provincial colabora actualmente na promoción das Covas do Rei Cintolo de Mondoñedo con 20.000 euros; na escavación arqueolóxica e posta en valor do Castro de Arxeriz no Saviñao con 28.000 euros; e na recuperación da antesala da sauna castrexa do Castelón –cualificada de “punteira en Galicia”–, no Concello da Fonsagrada, con outros 42.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

Senadores do PP estudarán demandas do sector da repartición pola alza de prezos dos combustibles

Os senadores do PP lucense, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Deputación repartirá 25,5 millóns entre os 67 concellos tras aprobar esta iniciativa no Pleno por unanimidade

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes por unanimidade a relación de...

Un ferido nun choque entre dous vehículos na Pastoriza

Un condutor resultou ferido nun accidente rexistrado este luns na estrada LU-122 no municipio...