InicioEconomíaO Concello de Vilalba solicita unha subvención para acondicionar rúas do polígono...

O Concello de Vilalba solicita unha subvención para acondicionar rúas do polígono industrial

O goberno presentará o proxecto ante a Consellería para que financie o 80% das actuacións de reforzo do firme e sinalización da zona.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local de Vilalba solicita á Consellería de Economía, Emprego e Industria unha subvención para o reforzo de firme e sinalización nalgunhas rúas do parque empresarial Sete Pontes. O anteproxecto presentado ten un custo total de 149.977’33 euros, dos cales lle pedirán á Xunta que sufrague o 80%. A cantidade restante dependerá das arcas municipais.

Segundo informan dende o Concello, algunhas rúas do Parque industrial presentan claras deficiencias debido á intensidade e á tipoloxía de tráfico que circula por elas. Concretamente, falan das rúas do Castiñeiro, Salgueiro e Acivro, principais vías de acceso ao polígono.

O concelleiro Luis Fernández explicou que o anteproxecto contempla un reforzo do firme con aglomerado en quente, de maneira que se eliminarían as deformacións que existen a día de hoxe e conseguiríase impermeabilizar toda a superficie.

No que atinxe á sinalización, o plan recolle a pintada de vías lonxitudinais nos bordes e centros da calzada, de maneira que queden perfectamente indicaddas as zonas de aparcamento, frechas, pasos de peóns, etc. Ademais, tamén se reporían os sinais de STOP, ceda ao paso ou límites de velocidade.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...