InicioSociedadeA xente maior de Vilalba está feita unha festeira!

A xente maior de Vilalba está feita unha festeira!

O vindeiro 21 de agosto celébrase a Xira da Terceira Idade nesta localidade da Terra Chá, con actividades dende as 12 da mañá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os nosos maiores tamén teñen dereito a divertirse, a encher o bandullo e a mover as cachas bailando unha peza. Iso pensan en Vilalba, onde o Concello e maila Comisión de Festas de San Ramón e Santa María organizan a Xira da Terceira Idade. Será o vindeiro mércores 21 de agosto na área recreativa da Madalena.

O evento, que conta coa colaboración de Protección Civil, a Policía Local e a Garda Civil, comezará ás 12 da mañá e prolongarase durante toda a xornada. A primeira parada será unha misa campestre cantada pola coral vilalbesa Luar, xusto antes de que o Dúo Eclipse amenice a sesión vermú. Deseguido, os asistentes poderán gozar dun xantar de confraternidade nunha carpa ubicada na praia fluvial da Madalena. Churrasco, paella, xamón cocido… serán algunhas das opcións a degustar. Pola tarde, será tempo de música e baile. Repite o Dúo Eclipse e súmaselle o Grupo Acirema.

Os organizadores da festa lembran que os interesados poden mercar a súa entrada por adiantado na casa da cultura de Vilalba ou ben reservala chamando ao Concello.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...