InicioTerra CháGuitirizO SLG denuncia a "amenza ambiental" e o "espolio" que suporían os...

O SLG denuncia a “amenza ambiental” e o “espolio” que suporían os dous parques eólicos proxectados na Serra da Loba

O Sindicato Labrego Galego avanza que intervirá "en todos os planos posibles" para frear a execución destes proxectos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sindicato Labrego Galego (SLG) denunciou ante a Deputación provincial de Lugo e o Ministerio de Transición Ecolóxica a “ameaza ambiental” que suporían os dous parques eólicos ‘Santuario’ e ‘Mistral’ para o conxunto natural Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Trátase de dous proxectos pendentes de concretar e que, segundo o sindicato agrario, implicarían a instalación de 58 aeroxeradores de entre 180 e 200 metros de altura na Serra da Loba, na zona occidental da Terra Chá.

O SLG denuncia que os parques están proxectados ao pé da zona protexida polo Parque Natural das Fragas do Eume que se estenderían polos municipios de Guitiriz, Xermade e Vilalba.

O sindicato considera que ambos os proxectos supoñen “espolios”, polo que solicitou a intervención do Consello Científico do Comité Español do programa MaB da Unesco.

Sostén que a protección dun territorio catalogado cono Reserva de Biosfera é “incompatible” con ese tipo de instalacións e avanza que intervirá “en todos os planos posibles” para frear a execución destes proxectos.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

Asistencia da Deputación a unha palestra organizada por Somos Unidos por el Cáncer

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este xoves á...

Inaugurada a mostra “Historia Postal de Lugo S. XVIII-XX” no Museo Provincial

O Museo Provincial inaugurou este xoves a mostra “Historia postal de Lugo. S. XVIII-XX”,...