InicioSucesosCausa desperfectos na empresa na que traballa utilizando unha identidade falsa

Causa desperfectos na empresa na que traballa utilizando unha identidade falsa

Detido un menor en Ribadeo por causar danos en vehículos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un mozo foi detido tras provocar desfeitas nunha empresa, na que traballaba coa identidade doutra persoa, e ameazar ao encargado cunha arma branca.

O detido é un veciño de Guitiriz e supostamente atopábase suplantando a outra persoa, polo que está acusado dun suposto delito de ameazas con arma branca, outro de danos e outro de usurpación de identidade.

Segundo informa a Garda Civil, o home, que pasou a disposición xudicial, chegou a provocar desfeitas nas instalacións da empresa que ascenderían a uns 1.500 euros.

Doutra banda, un menor foi detido acusado de provocar danos en varios vehículos estacionados na vía publica no municipio de Ribadeo. O detido, veciño de Madrid, foi posto a disposición da fiscalía de menores de Lugo, engade a Garda Civil.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...