InicioMedioambiente e PatrimonioEstabilizan o incendio forestal de Cospeito

Estabilizan o incendio forestal de Cospeito

Aínda que non o dan por confirmado, non descartan que se trate dun incendio intencionado, posto que apareceron varios focos simultáneos ao redor da LU-1706, que chegou mesmo a estar cortada no tramo afectado

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un novo incendio forestal declarouse nas últimas horas no municipio lucense de Cospeito, concretamente na parroquia de Xermar. Pasadas as 20.40 horas, deuse por estabilizado.

Segundo informou Medio Rural, o incendio orixinouse ao redor das 16.00 horas e rolda o cinco hectáreas queimadas. Aínda que non o dan por confirmado, non descartan que se trate dun incendio intencionado, posto que apareceron varios focos simultáneos ao redor da LU-1706, que chegou mesmo a estar cortada no tramo afectado.

Para a súa extinción mobilizáronse tres axentes, 12 brigadas, catro motobombas, unha pa, un técnico, seis helicópteros e dous avións.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...