InicioMedioambiente e PatrimonioXunta e Castro de Rei analizan o proxecto para mellorar a calidade...

Xunta e Castro de Rei analizan o proxecto para mellorar a calidade da auga do abastecemento

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia e o Concello de Castro de Rei analizaron o proxecto para mellorar a calidade da auga do servizo municipal de abastecemento, unha actuación cun investimento previsto de 1,2 millóns destinada a garantir un consumo seguro para a poboación, a hostalaría e as empresas. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde, Francisco Balado, mantiveron unha reunión en Santiago de Compostela para abordar esta iniciativa, incluída no proxecto de mellora da estación de tratamento de auga potable (ETAP) que se está redactando.

A actuación será financiada nun 80% pola Xunta e nun 20% polo Concello. Segundo trasladou o rexedor, o proxecto é necesario para resolver os problemas que impiden que parte da poboación e do tecido empresarial poida utilizar a auga da traída municipal.

A conselleira destacou que, con este tipo de investimentos e o apoio técnico e financeiro aos concellos, búscase garantir unha subministración de auga segura e de calidade, reforzando a eficiencia do servizo e o benestar da cidadanía.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...

Castro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

A Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais chega este ano á súa XXIII edición...